Botamos a cancela. Nos últimos tempos practicamente só estaba a escribir sobre os avatares da política local, e para o caso un pouco condicionado polas miñas actuais obrigas institucionais. Así que abrimos un blog exclusivamente centrado na res publica e botamos, quen sabe se temporal ou definitivamente, a cancela a este Cartafol do Mandeo que, a través das súas varias moradas e pieis, leva acompañándome xa uns aniños.
Seica o dos blogs é un fenómeno que se ven abaixo, din os entendidos. Así que se cadra cando decida retomar o Cartafol igual ocupa xa un espazo modesto no que veña a substituír ás hemerotecas e só atopo un dominio baldío. Tampouco é algo que me preocupe. Polo momento, e como digo noutro lado, para falar aínda serven. Así que se queredes falar da res publica brigantina seguimos a ter unha fiestra permanentemente aberta no meu blog oficial. Falamos!
Tags: blogs, garelosfera
Un Plan Xeral é un documento político e técnico onde o goberno dunha cidade, co maior consenso posíbel, deseña a trama futura da cidade, por onde medrar, que infraestruturas crear, que zonas naturais protexer… O PSOE, cando tiña maioría absoluta, emprendeu un camiño para ningueres de forma que, polo menos en dúas campañas electorais para as municipais, tiñan en redacción un Plan Xeral que prometían rematar. Tivo que ser a entrada do BNG no goberno municipal de Betanzos o detonante para avanzar nun Plan Xeral ao que restaba moito camiño e que quedou só pendente do estudo de impacto ambiental que unha norma europea esixe desde 2006. Cando PP e CxB entraron no goberno atoparon este documento, que por ser partillado por todas as forzas sería froito dun amplo consenso e, en teoría, garantiría uns trámites doados. Pero a irresponsabilidade de María Faraldo deu ao traste con todo por non sacalo a aprobación inicial antes da nova Lei do Solo do PP. Sobre iso escribín un artigo en «Betanzos e a súa comarca» este mes. Xa me diredes!
Tags: Casco Histórico, concello, desenvolvemento, urbanismo, vivenda
Posted by: cartafoldomandeo in País
Onte no Pleno PP, PSOE e CxB pediron que retirasemos a moción na que defendiamos que a idade de xubilación permaneza nos 65 anos, ou senón absteríanse (como fixeron). Seica había que ir cos tempos. Pois precisamente, como queremos ir cos tempos e non facer que nun futuro inmediato vivamos peor que a xeneración precedente, é polo que defendemos outro modelo de sistema de pensións, netamente público, e a folga xeral de mañá coma medida de presión para defender a dignidade e os dereitos que tantas décadas de loita custou adquirir.
Read the rest of this entry »
Tags: CIG, folga xeral, Galiza, Goberno central, mocidade, pensións
Fixémolo de viva voz cos afectados, por escrito e de xeito oficial tamén, pero tampouco está de máis poñelo tamén de
xeito persoal aquí: nunha sociedade democrática, por moitas eivas e malestar que haxa, non hai lugar para actitudes e comportamentos como os que se deron en Betanzos a noite do pasado luns.
Read the rest of this entry »
Tags: Betanzos, denuncias, Galiza